menu Menu
Poesia espanhola atual (Galiza)
By Luís Valle Posted in Espanha, Literatura, Poesia on 23 de Agosto, 2025 211 words
Poetas precoces e poemas infantis( Ensaio) Previous O chão em festa ( Ensaio) Next

CATRO POEMAS QUE DANZAN AO LONXE

ÍAS roubando amoras polo monte
e deixando restos de luz
nas espiñas sen esperanza.


ERAS o rei ante o cervo
e a rosa atada ao sol.

Eras o viño que me guía
e a luz cantora…

Agora téndote
entre flores violentas
e correspóndesme

deixando que sobre ti se oficie
o tango das aves.


NA morte hai luz
e no silencio
tamén hai luz.


NON hai palabras
mais arriba.

A neve é un boi
que roe a terra: ara,
vai facendo o seu traballo.

*-*-*

Luís Valle (Lugo, 1977), poeta. É autor de Zigurat (Scio, 2001), volume composto polos libros Jano, Jethro en Irán, Poemas para el silencio e Inacabado, Epitafio y corona para Manuel Quiroga (de la luna libros, 2007), A caída (2009, PEN Clube, Premio Afundación), Fedor (2011, Sotelo Blanco, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón), Caderno do mendigo (Barbantesa, 2011), As cicatrices do sol (2015, Sotelo Blanco, Premio Manuel Lueiro Rey), Trona, o merlo (Barbantesa, 2015), Para que eu beba (Barbantesa, 2017), Óstraka (Galaxia, 2019), Causa de nieve (Amargord, 2021), Alianza (Barbantesa, 2022), As asuras (Barbantesa, 2023), Fiebre (RIL, 2025), Insomnia (Malafera, 2025) e Somos (Xerais, 2025). En conxunto, como autor, comisario, investigador, crítico de arte e tradutor, participou na redacción de máis de corenta libros en galego, castelán, portugués, inglés e chinés.

*-*-*


Previous Next

keyboard_arrow_up